É un programa deseñado para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, ofrecéndolles un espazo axeitado para o intercambio de coñecementos e experiencias de tipo científico e cultural, favorecendo un estilo de vida activo e saudable.
Información básica
A quen vai dirixido o ciclo intensivo?
O ciclo intensivo está dirixido a todas as persoas maiores de 55 anos que teñan o tempo suficiente para o estudo e a integración nas diversas actividades con desexos de achegar a súa experiencia, así como de participar na vida académica, sen necesidade de titulación previa.
No caso de que as prazas ofrecidas non quedasen cubertas, poderanse admitir estudantes con idades inferiores aos 55 anos, pero en ningún caso inferior a 50 anos.
Prazas para o ciclo intensivo
As convocatorias anuais de matrícula establecerán o número máximo e mínimo de novos e novas estudantes que poderán ser admitidos no programa en cada un dos campus.
Actualmente son 30 prazas.
Créditos e materias
O ciclo intensivo ten unha carga académica de 60 créditos ECTS, distribuídos en materias de 3 créditos ECTS e de 1,5 créditos ECTS. O estudantado poderá cursar un máximo de 15 créditos por curso académico, distribuídos en dous cuadrimestres. En cada curso haberá unha materia obrigatoria por cuadrimestre que son necesarias ter superaradas para pasar ao seguinte curso.
As materias estarán encamiñadas á divulgación de diferentes temas científico-culturais, facilitando a análise e a reflexión sobre aspectos relacionados con eles mesmos e outras persoas; o contorno natural, social, cultural e científico; a evolución e as achegas da humanidade; a sociedade e a cultura actual e futura. Tamén terán como obxectivo, no seu conxunto, iniciar posibles orientacións temáticas con vistas á continuación de estudos no ciclo integrado.
En ningún caso os créditos cursados no ciclo integrado poderán computarse ou validarse como créditos do ciclo intensivo.
Primeiro curso
Nome | Carácter | Cuadrimestre | Prazas | Créditos |
Introdución á informática | OB | 1C | 30 | 3 |
Introdución a filosofía contemporánea | OP | 1C | 50 | 3 |
Cultura e pensamento | OP | 1C | 50 | 3 |
Inglés I | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Comunicación corporal | OP | 2C | 50 | 3 |
A importancia da saúde | OB | 2C | 50 | 3 |
Cuestións prácticas de dereito | OP | 2C | 50 | 1,5 |
Inglés II | OP | 2C | 50 | 1,5 |
Introdución á nosa historia | OP | 2C | 50 | 3 |
Segundo curso
Nome | Carácter | Cuadrimestre | Prazas | Créditos |
Temas actuais de economía | OB | 1C | 50 | 3 |
A Unión Europea | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Comunicación e habilidades sociais | OP | 1C | 50 | 3 |
Análise sensorial de alimentos | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Dereito básico | OB | 2C | 50 | 3 |
Informática básica | OP | 2C | 30 | 3 |
Identidade psico-social da persoa adulta | OP | 2C | 50 | 3 |
Comer con ciencia | OP | 2C | 50 | 1,5 |
Terceiro curso
Nome | Carácter | Cuadrimestre | Prazas | Créditos |
Ciencia, tecnoloxía e cultura | OB | 1C | 50 | 3 |
Fundamentos de metereoroloxía | OP | 1C | 50 | 3 |
Presenza europea no mundo | OP | 1C | 50 | 3 |
Internet e a sociedade da información | OP | 1C | 30 | 3 |
Intelixencia emocional | OB | 2C | 50 | 3 |
Como entender os impostos | OP | 2C | 50 | 3 |
Novas a maiores | OP | 2C | 50 | 1,5 |
Introdución á música e expresión musical | OP | 2C | 50 | 3 |
Cuarto curso
Nome | Carácter | Cuadrimestre | Prazas | Créditos |
Diversidade paisaxística e cultural | OB | 1C | 50 | 3 |
Microorganismos e saúde humana | OP | 1C | 50 | 3 |
Grandes problemas ambientais no noso tempo | OP | 1C | 50 | 3 |
Dieta galega e saúde | OB | 2C | 50 | 3 |
Sexualidade e afectividade ao longo do ciclo vital | OP | 2C | 50 | 1,5 |
Internet: compartir información e imaxes na rede | OP | 2C | 30 | 3 |
Ofimática avanzada | OP | 2C | 30 | 3 |
Primeiro curso
Nome | Carácter | Cuadrimestre | Prazas | Créditos |
Introducción á informática | OB | 1C | 33 | 3 |
A nosa cidade e as súas cousas | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Introdución ao sistema xurídico español | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Historia e estética do cinema I | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Fotografía con smartphone-I | OP | 1C | 25 | 1,5 |
Saúde física e psicolóxica nas persoas adultas maiores | OB | 2C | 50 | 3 |
Introdución á nosa historia I | OP | 2C | 50 | 1,5 |
Relacións públicas e comunicación corporativa | OP | 2C | 50 | 1,5 |
Historia da arte | OP | 2C | 50 | 3 |
Marcha Nórdica-I | OP | 2C | 25 | 3 |
Segundo curso
Nome | Carácter | Cuadrimestre | Prazas | Créditos |
Xadrez: ximnasia para o cerebro | OB | 1C | 25 | 3 |
1º Auxilios e autoprotección para maiores no medio terrestre e acuático | OP | 1C | 12 | 3 |
Protección do patrimonio cultural | OP | 1C | 50 | 3 |
Inglés I | OP | 1C | 25 | 1,5 |
Grandes problemas ambientais do noso tempo-I | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Fotografía con smartphone-II | OP | 1C | 25 | 1,5 |
Claves para entender a publicidade | OB | 2C | 50 | 3 |
Barco Dragón: deporte náutico para maiores | OP | 2C | 20 | 3 |
Inglés II | OP | 2C | 25 | 1,5 |
Marcha Nórdica II | OP | 2C | 25 | 1,5 |
Introdución á informática II | OP | 2C | 25 | 3 |
Terceiro curso
Nome | Carácter | Cuadrimestre | Prazas | Créditos |
Europa: significado, historia e cultura | OB | 1C | 50 | 3 |
Cultura científica | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Imprescindibles da Literatura Española | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Ciencia e vida. Experiencias desde a vivencia | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Inglés III * | OP | 1C | 25 | 1,5 |
Introdución á ecoloxía evolutiva | OB | 2C | 50 | 3 |
Introdución á nosa historia II * | OP | 2C | 50 | 1,5 |
Historia e estética do cinema II | OP | 2C | 50 | 1,5 |
Coidados para favorecer o envellecemento activo e saudable | OP | 2C | 50 | 1,5 |
Lingua e cultura francesas | OP | 2C | 25 | 1,5 |
Pilates sénior | OP | 2C | 12 | 1,5 |
Cuarto curso
Nome | Carácter | Cuadrimestre | Prazas | Créditos |
Filosofía da ciencia e da tecnoloxía | OB | 1C | 50 | 3 |
Obradoiro de expresión musical | OP | 1C | 25 | 1,5 |
Lingua galega | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Ecocrítica e Literatura Galega | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Xadrez: perfeccionamento * | OP | 1C | 25 | 3 |
Ciencia política, cidadanía e gobernanza | OB | 2C | 50 | 3 |
Seguridade e conflitos internacionais | OP | 2C | 50 | 1,5 |
Temas de economía | OP | 2C | 50 | 1,5 |
Marcha Nórdica III | OP | 2C | 25 | 1,5 |
Biomecánica: coñece como funciona o teu corpo | OP | 2C | 50 | 1,5 |
Primeiro curso
Nome | Carácter | Cuadrimestre | Prazas | Créditos |
Introdución á informática | OB | 1C | 40 | 3 |
Lingua galega | OP | 1C | 40 | 1,5 |
Obradoiro de física básica e astronomía recreativa | OP | 1C | 20 | 1.5 |
Historia da arte | OP | 1C | 40 | 1,5 |
Filosofía centrada no autocoñecemento I | OP | 1C | 40 | 1,5 |
Oratoria | OP | 1C | 30 | 1,5 |
Fisioloxía humana e saúde | OB | 2C | 40 | 3 |
A promoción da saúde e do autocoidado | OB | 2C | 40 | 3 |
Informática avanzada | OP | 2C | 22 | 3 |
Filosofía centrada no autocoñecemento II | OP | 2C | 40 | 1,5 |
A linguaxe dos medios de comunicación | OP | 2C | 40 | 1,5 |
Lingua galega II * | OP | 2C | 40 | 1,5 |
A nosa cidade e as súas cousas | OP | 2C | 30 | 1,5 |
Historia da química | OP | 2C | 40 | 1,5 |
Usos das plantas en Galicia | OP | 2C | 24 | 1,5 |
Matemáticas recreativas | OP | 2C | 40 | 1,5 |
Segundo curso
Nome | Carácter | Cuadrimestre | Prazas | Créditos |
Tecnoloxía da nosa contorna | OB | 1C | 50 | 3 |
Zooloxía: a diversidade do mundo animal | OP | 1C | 50 | 3 |
Historia de Galicia I | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Inglés I | OP | 1C | 40 | 1,5 |
Todo é ciencia | OP | 1C | 30 | 1,5 |
Aforro e investimento en economías domésticas | OB | 2C | 50 | 3 |
Alambiques e outros armatostes: cociña & química | OP | 2C | 50 | 1,5 |
Taller de artes creativas | OP | 2C | 40 | 3 |
Tecnoloxía da nosa contorna II | OP | 2C | 50 | 1,5 |
Inglés II * | OP | 2C | 40 | 1,5 |
Taller de socioloxía: temas de actualidade | OP | 2C | 50 | 1,5 |
Usos das plantas en Galicia II * | OP | 2C | 24 | 1,5 |
Terceiro curso
Nome | Carácter | Cuadrimestre | Prazas | Créditos |
Psicoloxía na idade adulta I | OB | 1C | 50 | 3 |
Panorámica do cine español dos anos 50 | OP | 1C | 50 | 3 |
Historia de Galicia II * | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Xeografía de Galicia. Paisaxes naturais e humanas | OP | 1C | 50 | 3 |
Mitoloxía e épicas xermánicas | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Historia de arte II * | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Inglés III * | OP | 1C | 50 | 3 |
As novelas exemplares de Cervantes: unha literatura para lecer | OB | 2C | 50 | 3 |
Psicoloxía na idade adulta II * | OP | 2C | 50 | 3 |
Aproximación á linguaxe da comunidade xorda | OP | 2C | 50 | 1,5 |
Linguaxe musical e educación auditiva | OP | 2C | 20 | 1,5 |
Cultura galega | OP | 2C | 50 | 1,5 |
Linguaxe musical e educación auditiva III | OP | 2C | 20 | 3 |
Inglés IV | OP | 2C | 50 | 3 |
Cuarto curso
Nome | Carácter | Cuadrimestre | Prazas | Créditos |
Historia da ciencia, tecnoloxía e cultura | OB | 1C | 50 | 3 |
Introdución á elaboración de guións cinematográficos | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Novas tecnoloxías | OP | 1C | 15 | 3 |
Cogomelos: usos na cultura galega | OP | 1C | 24 | 1,5 |
A xenética e a humanidade I | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Ciencia da luz e da cor | OP | 1C | 20 | 1,5 |
Historia das ideas evolucionistas | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Literatura Grecolatina: Helenística | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Pensamento racional e científico | OB | 2C | 50 | 3 |
Linguaxe musical e educación auditiva II * | OP | 2C | 20 | 1,5 |
Ciencia e conservación do Patrimonio Cultural | OP | 2C | 30 | 1,5 |
A química e a sociedade do benestar | OP | 2C | 20 | 3 |
As linguas e a competencia intercultural | OP | 2C | 50 | 1,5 |
A xenética e a humanidade II * | OP | 1C | 50 | 1,5 |
Acústica musical | OP | 2C | 30 | 1,5 |
Título
Unha vez superados os 60 créditos ECTS dos que se compón o ciclo intensivo, outorgarase a correspondente acreditación mediante un título propio de «titulado universitario Senior en cultura e sociedade».