Xornadas de benvida da Universidade de Vigo

xornadas benvida

5, 6 e 7 de setembro de 2022

A Universidade convida ao alumnado de novo ingreso do Programa Universitario de Maiores, así como ao alumnado de segundo curso que por mor da pandemia o ano pasado non puido gozar das mesmas, ás xornadas de benvida para o novo alumnado que terá lugar a próxima semana.

“Os días 5, 6 e 7 de setembro de 2022 son as datas elixidas para darlle a benvida ao novo curso dunha maneira moi especial. No teu campus haberá unha xornada pensada para ti, que comezas unha nova etapa con nós e que xa formas parte da comunidade universitaria.

Queremos que recibas toda a información necesaria para desenvolverte na vida universitaria. Para isto é fundamental que asistas entre as 10.00 e 14.00 horas ao teu campus nas datas indicadas. Poderás informarte con detalle sobre todos os servizos que ofrece a nosa universidade e tamén recibirás algún agasallo para comezar o curso da mellor das maneiras.

Ao longo de toda a xornada tamén haberá música, actividades científicas e culturais, actividades deportivas, xeados, bebidas e moito máis.””

> Campus de Pontevedra, 5 de setembro de 2022
> Campus de Ourense, 6 de setembro de 2022
> Campus de Vigo, 7 de setembro de 2022

Máis información …