As actividades espallaranse tamén por Celanova, Covelo, Gondomar, Lalín, O Rosal e Poio
Como unha experiencia piloto, en 2018 botaba a andar no Concello de Nigrán o programa Mareas do Coñecemento, unha iniciativa de formación itinerante que buscaba achegar á poboación maior de 50 anos a ciencia e a cultura. A idea era complementar a oferta do Programa de Maiores, centrada nas cidades dos tres campus da Universidade de Vigo, e espallar así actividades polos concellos galegos, levando o coñecemento ás contornas rurais. A proposta funcionou e, ano tras anos, máis concellos se suman a este programa. Neste 2025 serán seis as vilas das provincias de Pontevedra e Ourense as que acollan os seminarios das Mareas de Coñecemento: Allariz, Celanova, Covelo, Gondomar, Lalín, O Rosal e Poio.
Precisamente, o municipio alaricano foi o primeiro en estrear a nova edición esta mesma semana, cun seminario sobre…