O Programa para Maiores abre o prazo de preinscrición para o próximo curso

As persoas de 55 anos en adiante poden solicitar unha praza ata o 15 deste mes de xullo

Dende hoxe, 6 de xullo, as persoas de 55 anos ou máis que queiran converterse en alumando sénior da Universidade de Vigo poden solicitar unha praza no Programa para Maiores (PUM). O prazo de preinscrición para estes estudos estará aberto ata o vindeiro 15 de xullo tanto para o ciclo intensivo como para o integrado.

Unha das principais novidades do próximo curso é o cambio na dirección do programa, unha responsabilidade que na segunda lexislatura de Manuel Reigosa exercerá a profesora Carmen María Abreu Fernández, do Departamento de Enxeñaría dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construción. A docente, que xa leva catro anos impartindo a materia A química e a sociedade de benestar, no cuarto curso do Programa para Maiores, substitúe a José Luis González Cespón á fronte do PUM e adianta que un dos principais obxectivos que se marca a curto prazo é a ampliación das prazas que se ofertan en cada un dos tres campus. A súa proposta é …

Ler a nova completa no DUVI