O Campus Aberto: emprendemento, reciclaxe profesional e empregabilidade

Os medios de comunicación recollen hoxe unha publicación sobre a Escola Aberta de Formación Permanente onde recolle toda a oferta para o próximo curso e onde fai tamén mención ao Programa Universitario de Maiores.

“A Universidade de Vigo ofrece unha formación permanente con títulos propios a través da súa Escola Aberta”
O Campus Aberto oferta títulos propios de formación permanente de diferente duración e nivel de especialización. A maioría dos cursos desenvólvense en horarios compatibles coa xornada laboral e coas clases presenciais ou virtuais para salvar a distancia xeográfica.

A estrutura modular dos programas permite flexibilizar a formación: é posible matricularse nun primeiro módulo e acumular créditos académicos para obter un título de maior rango. De acordo coa dispoñibilidade e cos intereses pódese decidir que módulos estudar: por exemplo, cursar un título de especialista universitario e completalo posteriormente con outro módulo para obter un mestrado de formación permanente.

A escola ten programas xa consolidados que volven con novas edicións…

Ler a nova completa no Atlántico Diario