O alumno sénior Ramón Fernández presenta a súa segunda novela, titulada Quemados

Forma parte dunha triloxía protagonizada polo inspector xefe de policía Alfonso Piñeiro

Baixo o título Quemados, Ramón Fernández, alumno do Programa Universitario de Maiores do campus de Ourense, presentou este mércores a súa segunda novela. Nela, o protagonista, o inspector xefe de policía dunha comisaría de Ourense chamado Alfonso Piñeiro, afronta a investigación do misterioso asasinato de tres pirómanos. A obra forma parte dunha triloxía de ficción que o escritor comezou coa publicación de En el agua de las fuentes a finais de 2019.

Na presentación do libro, Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense, salientou da novela que recolle “unha gran preocupación polo medio ambiente e pola dignidade humana” e agradeceu ao seu autor o seu compromiso co campus de Ourense e co Programa Universitario de Maiores (PUM). A responsable académica destacou o feito de que se a primeira novela de Ramón Fernández falaba da auga (elemento que centra o proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus Auga) esta segunda está protagonizada polo lume, “unha das grandes pragas deste século”.

Ler a nova completa no DUVI