Máis de 400 estudantes sénior completaron a súa formación este curso nos tres campus

Graduación Programa de Maiores

Para matricularse non é preciso contar con ningunha titulación académica, só ter 55 anos en diante

Manterse activos, ampliar coñecementos, mellorar as capacidades intelectuais, atrasar o deterioro cognitivo, potenciar a vida social … Son moitos os beneficios que ten a formación en idades sénior e mostra disto é a cantidade de estudantes de máis de 55 que cada ano se matriculan no Programa para Maiores da Universidade de Vigo. No curso que agora remata foron máis de 400 persoas e moitos deles continuarán formando parte desta iniciativa para o próximo curso. As e os que remataron celebraron o pasado xoves o seu acto de graduación en Vigo, de igual xeito que o están a facer nas últimas semanas o resto de alumnados das titulacións de grao e mestrado.

O Programa para Maiores, que forma parte da oferta académica da Escola Aberta de Formación Permanente, está aberto a persoas de 55 anos en diante que,…

Ler a nova completa no DUVI