Sabías que o día 1 de outubro é o Día Internacional da Música? Pero sabes que tamén é o Día Internacional das Persoas Maiores?
Un día para celebrar e recoñecer o seu papel na sociedade e visibilizar os retos do envellecemento demográfico. Dende a Universidade de Vigo, o Programa Universitario de Maiores, acolle ao alumnado senior, para promover a ciencia e a cultura nas persoas maiores e favorecer as relacións interxeneracionais.
A formación ao longo de toda a vida toma cada vez máis importancia, non so a través das ensinanzas regladas da universidade ou a través dos títulos propios, senón tamén da man dos nosos maiores, mellorando a súa calidade de vida, facilitando o acceso a ensinanzas e experiencias propias do ámbito universitario, ofrecendo un espazo para o intercambio de coñecementos e experiencias de tipo científico e cultural e fomentando a súa participación na sociedade actual. Axudándolles tamén no seu proceso de adaptación aos cambios dos nosos tempos e impulsando a súa presenza como dinamizadores de moitas actividades.
Para os que por diferentes razóns, non puideron acceder á universidade no seu momento ou que, sendo xa titulados, queiran seguir participando da universidade, o alumnado senior pode seguir formándose en actividades propias, pero tamén xunto co alumnado actual dos graos.
Ademais o Programa de Maiores, presente nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra, sae das cidades a través de iniciativas como as “Mareas do Coñecemento”, achegando a universidade a diferentes concellos das provincias de Ourense e Pontevedra.
Son un colectivo moi activo, sempre con ganas de colaborar e participar en novas actividades e iniciativas. Aquí no noso instagram imos compartindo moitas das súas actividades. E se queredes saber máis podedes visitar a súa web https://maiores.uvigo.es/
E agora si, podemos celebrarlo escoitando algo de música. Que poñemos?
No noso instagram temos máis fotos compartidas. Coñeces as nosas redes sociais? Instagram, LinkedIn, X
