As Mareas do Coñecemento arriban a Moaña, Covelo e Lalín

Mareas de coñecemento

Comprenden seminarios sobre saúde e benestar, tecnoloxía, arte e historia ou fiscalidade

Dende que se puxo en marcha hai 20 anos, o Programa para Maiores da Universidade de Vigo chegou a preto de 8000 persoas de máis de 50 anos, principalmente residentes na contorna máis próxima aos tres campus. Para estender as súas redes, o programa apostou por poñer en marcha as Mareas do Coñecemento, unha iniciativa de democratización do coñecemento que dende 2019 buscar levar a formación aos propios concellos, facilitando así os desprazamentos e a asistencias das veciñas e veciños.

Este proxecto educativo itinerante artéllase arredor de seminarios nos que se abordan temas relacionados coa arte e a historia; a saúde e o benestar; a tecnoloxía; o deporte ou a fiscalidade, adaptando sempre os contidos ás demandas de cada un dos concellos implicados.

Neste segundo cuadrimestre as Mareas do Coñecemento están a chegar a tres concellos da provincia de Pontevedra: Moaña, onde arrancou o 18 de abril, Covelo, que botou a andar onte martes e Lalín, onde se inaugura este xoves 27, que se suman a dous máis na provincia de Ourense:

ler máis no DUVI…