Alumnado do Programa para Maiores achegará o seu coñecemento á sociedade

Embaixadores da ciencia, programa de maiores
Embaixadores da ciencia, programa de maiores

Nelas abordaranse temas de actualidade

Exercer de Embaixadores e embaixadoras da ciencia e do coñecemento. Esta será a misión de alumnos e alumnas do Programa para Maiores da Universidade de Vigo (PUM) nun ciclo de charlas que se enmarca dentro do plan anual Ciencia de ida e volta da UCC+i da UVigo, financiado pola FECYT-Ministerio de Ciencia e Innovación. A actividade comprenderá relatorios de catro estudantes sénior deste programa que, acompañados e asesorados por persoal investigador de cada un dos eidos, terán lugar en cafetarías e bares das cidades de Vigo, Ourense e Pontevedra.

O Programa para Maiores da UVigo conta cun alumnado que, tras décadas de dedicación profesional, acumula coñecementos e experiencia sobre temáticas moi diversas. Para aproveitalo e conectar de forma máis directa coa sociedade, ao tratarse de emisores non especializados, a vindeira semana botará a andar este ciclo Embaixadores/as da ciencia e do coñecemento, unha iniciativa que tratará de achegar o seu saber sobre diferentes temas a toda a cidadanía. “O obxectivo é aproveitar a experiencia e o gran capital humano que acumula o alumnado”, explica a coordinadora do Programa para Maiores da UVigo, Carmen María Abreu. “Son persoas que…

Ler a nova completa do DUVI