Aberta a preinscrición para o estudantado sénior que aposte pola formación ao longo da vida

Matrícula Programa Universitario de Maiores
Matrícula Programa Universitario de Maiores

O PUM contou durante este curso con 500 alumnos e alumnas maiores de 55 anos

Nunca é tarde para comezar a estudar, nin para ampliar a formación nin para reciclar os coñecementos. Esta é a filosofía coa que naceu no ano 2002 o Programa Universitario de Maiores, unha aposta da Universidade de Vigo por potencial a formación ao longo da vida pensada para calquera persoa de máis de 55 anos. Máis de dúas décadas despois, este programa segue sendo un éxito, con preto de 500 persoas inscritas neste curso que remata.

Para os que queiran comezar ou continuar cos seus estudos no vindeiro curso, o prazo de presincrición está aberto ata o 15 deste mes de xullo, tanto para ciclo intensivo como para o integrado no tres campus. De feito, como indican dende o Centro de Posgrao e Formación Permanente, en Vigo xa se cubriron todas as prazas ofertadas no ciclo intensivo, mentres que en Ourense e Pontevedra quedan praza dispoñibles nos dous

Ler a nova completa no DUVI