A poboación sénior de 11 concellos empápase de saber científico, artístico e tecnolóxico coas Mareas de Coñecemento

A iniciativa da UVigo, que cumpre oito anos, desenvólvese ata xuño

Protección fronte as estafas; patrimonio artístico; impostos; ou intelixencia emocional e saúde física son algúns dos contidos aos que, entre os meses de abril e xuño, poderá achegarse a poboación maior de 50 anos dos 11 concellos galegos aos que chegarán este curso as Mareas de Coñecemento. Este proxecto itinerante de formación universitaria, nacido ao abeiro do Programa de Maiores (PUM) da UVigo no ano 2018, “ten o obxectivo de levar a formación universitaria a persoas que normalmente non poden acceder a ela, especialmente en zona rurais ou con dificultades económicas ou xeográficas”, lembra Alfonso Lago, vicerreitor de Titulacións e Innovación Educativa da UVigo, que destaca o seu valor para “reducir desigualdades, facer a educación máis inclusiva e combater o illamento”.

Respecto do ano pasado, o programa case duplicou o número de concellos das provincias de Pontevedra e Ourense nos que se está a desenvolver, pasando de cinco a 11 sedes, concretamente Allariz, Barro, Cambados, Catoira, Covelo, Celanova, Lalín, Moaña, Poio, O Rosal e Soutomaior. “Achegando o saber científico, artístico e tecnolóxico á poboación sénior, a UVigo consolida o seu compromiso coa formación permanente, levando..

Ler a nova completa no DUVI