No marco das súas actividades para coñecer as institucións da cidade e a provincia
Este martes, estudantes do Programa Universitario de Maiores do campus visitaron o Concello de Ourense, sendo recibidos polo seu alcalde, Gonzalo Pérez Jácome. A iniciativa forma parte das actividades deste programa para coñecer as principais institucións da cidade e da provincia e as actividades que desenvolven. O alcalde explicoulle ás e aos asistentes os proxectos estratéxicos que está a impulsar o goberno municipal na cidade en materia de infraestruturas, mobilidade, equipamentos e servizos, entre outros aspectos.