O alumnado do Programa Universitario de Maiores exhibe os seus proxectos fotográficos

Exposición fotográfica
Exposición fotográfica

Nela reúnense os traballos de 36 estudantes sénior

Non facer simplemente fotografías, senón xerar imaxes que amosasen sentimentos e historias de vida. Esta foi a proposta que o profesor do Programa Universitario de Maiores (PUM) da Universidade de Vigo Luis Pereira trasladou ao alumnado das materias materias Fotografía con smartphone I e II deste programa formativo para persoas maiores de 55 anos. Unha selección dos traballos desenvolvidos por 36 estudantes sénior do campus pontevedrés reúnense en Como sentes o que eu vexo?, unha mostra fotográfica que ata o 2 de agosto pode visitarse na sala de exposicións da Vicerreitoría do campus.

“Esta exposición busca dalgunha maneira recordar que existides e que sodes creadores e creadoras”, lembrou a coordinadora do PUM no campus, a profesora Ana Acuña, ao estudantado sénior que este mércores participou na inauguración desta mostra.

Ler a nova completa no DUVI