Para iniciar os estudos por primeira vez no Programa de Maiores, en calquera dos dous ciclos, deberás premer no botón azul “Facer a matrícula”, onde poderás realizar os trámites correspondentes seguindo estas indicacións:

Matrícula no ciclo intensivo
O estudantado deberá matricularse dun mínimo de 9 créditos ECTS por curso académico e dun máximo de 18 créditos.

Impresos de matrícula

 
Matrícula no ciclo integrado
O estudantado do ciclo integrado poderase matricular nun máximo de 18 créditos ECTS cada curso académico.

Impresos de matrícula

 
Cal é a documentación que precisas nesta primeira matrícula?
No caso de elixir domiciliación bancaria para facer o pago, precisas presentar o formulario de datos bancarios SEPA cuberto e asinado. De non presentar ese formulario nos prazos establecidos na convocatoria, a matrícula pasaría ao estado de “arquivada por falta de documentación”.

Facer a matrícula

Para a continuación dos estudos no ciclo no que xa estiveches matriculado/a, deberás realizar a matrícula nos lugares que se indican máis abaixo para a súa tramitación.

Matrícula no ciclo intensivo
O estudantado ao que lle falten créditos para completar o ciclo intensivo deberá matricularse dun mínimo de 9 créditos ECTS por curso académico e dun máximo de 18, agás no caso de que lle queden por superar menos de 9 créditos para rematar o ciclo. Neste caso deberá matricularse de todos os créditos restantes nunha única vez. Tamén se poderá matricular o alumnado que rematase o ciclo e queira seguir no mesmo ciclo en materias soltas non superadas.

Impresos de matrícula

 
Matrícula no ciclo integrado
O estudantado do ciclo integrado poderase matricular nun máximo de 18 créditos ECTS cada curso académico.
Tamén se poderá matricular o alumnado que rematase o ciclo e queira seguir no mesmo ciclo en materias soltas non superadas.

Impresos de matrícula

 
Cal é a documentación que precisas para facer a matrícula de continuación de estudos no mesmo ciclo?
Precisas os impresos de solicitude de matrícula, datos persoais e de pagamento debidamente cubertos e asinados. Tamén tes que entregar o formulario de datos bancarios SEPA asinado, no caso de elixir o pago a través de domiciliación bancaria. De non presentar ese formulario nos prazos establecidos na convocatoria, a matrícula pasaría ao estado de “arquivada por falta de documentación”. Atoparás o impreso de datos persoais e de pago máis abaixo.

 

Onde facer a matrícula?

Campus de Ourense

Área de Servizos á Comunidade
Edificio Administrativo
+34 988 387 102
Horario: de 9.00 h a 14.00 h

Campus de Pontevedra

Persoal colaborador no PUM
Área de Grao na Facultade de Enxeñaría Forestal
Campus universitario
+34 986 801 702
Horario: de 9.00 h a 14.00 h

Campus de Vigo

Persoal colaborador no PUM
Anexo Peritos.
Horario: martes e xoves de 16.00 h a 20.00 h.
Pechado o mes de agosto.

Como consigo o meu identificador para entrar na secretaría virtual

Para acceder á secretaría virtual para facer certos trámites, deberás ter un identficador, tamén chamado usuario. Este identificador ten dúas partes: unha é o NIU (número de identificación universitaria) e a outra parte é un nome de usuario que coincidirá co teu enderezo electrónico da UVigo.

Dende esta ligazón podes ler as instruccións relacionadas co teu identificador e consultar diferentes tutoriais e preguntas frecuentes:

O meu identificador na UVigo

Tamén poderás consultar este breve manual sobre como acceder co NIU para facer a matrícula.

 

Máis información

Se tes algún problema coa preinscrición, contacta con nós:

Campus de Ourense

Área de Servizos á Comunidade

Edificio Administrativo
Campus As Lagoas (Campus Norte)
32004 Ourense

+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.es
De 9.00 a 14.00 h 1

Campus de Pontevedra

Secretaría de Alumnado Sénior

E.E. Forestal
Campus A Xunqueira s/n
36005 Pontevedra

+34 986 801 702
maiores.pontevedra@uvigo.es
De 9.00 a 14.00 h 1

Campus de Vigo

Negociado de Xestión do PUM

E.E. Industrial
Rúa Torrecedeira 86
36201 Vigo

+34 986 812 257
maiores@uvigo.es
De 9.00 a 14.00 h 1

1 presencial con cita previa.