Pontevedra acolle o arranque do ciclo ‘Embaixadores da ciencia de do coñecemento’

A actividade continúa a vindeira semana en Ourense e Vigo

Inserido no plan anual Ciencia de ida e volta da UCC+i da Universidade de Vigo e financiado pola Fecyt, do Ministerio de Ciencia e Innovación, o ciclo Embaixadores/as da ciencia e do coñecemento propón achegar á cidadanía o saber e experiencias do alumnado do Programa Universitario de Maiores (PUM) a través dunha serie de conferencias de carácter divulgativo en cafeterías e bares. Na noite deste mércores esta iniciativa botou a andar no Café Moderno de Pontevedra, cos dous primeiros relatorios, que os estudantes do PUM realizan co asesoramento de persoal investigador da Universidade. No primeiro deles, José Moure puxo o foco na “alianza de nacións” e na cooperación entre estados a través de organismos como a ONU, a OTAN ou a Unión Europea.

Ler a nova completa no DUVI